Edificación de planta rectangular con dúas estancias do mesmo tamaño e portas de acceso cara ao E. Algúns dos muros, de ata 70cm de grosor, aproveitan os afloramentos rochosos para asentarse, con presenza de rebaixes realizados nos mesmos para unha mellor colocación das pedras. A construcción está feita en cachotería irregular de pedras de granito colocadas sen argamasa, reforzadas nas esquinas con pezas máis regulares. Nas paredes interiores hai pequenos ocos, a modo de lacenas, para almacenar alimentos e utensilios cotiáns. Encostada á fachada E hai unha pequena estancia de planta irregular que sería usada como cortello de animais ou alpendre para gardar materias e ferramentas. Un segundo anexo, de moi pequeno tamaño e funcionalidade descoñecida (posible forno), atópase acaroado á fachada N, entre os grandes penedos alí existentes. Se ben non hai datos sobre a configuración da cuberta, ista podería corresponder a un tellado a unha auga construído con materiais vexetais.
Comments